Novas por contido

Non che imos abafar con moitos datos porque calquera persoa empregada pública pode percibir que unha suba media de 7 euros netos non da nin para mercar un litro de aceite.

Baixo o presuntuoso nome de Acordo para unha administración do século XXI (parece que algunha letra se lles moveu de sitio neste acordo do século XIX), o goberno español, CCOO e UGT pactaron non subir os nosos salarios conforme ao incremento do custe da vida. E na Galiza reproduciron o mesmo o PP, CCOO, UGT e CSIF.

De todo isto xa che fomos detallando as consecuencias dende que asinaron un acordo que ataba de pés e mans ao persoal empregado público en caso dunha esperada suba do IPC.

Pero se ben dicimos que non imos dar moitos datos, algúns si temos que dar para comprender por que esta suposta suba é en realidade unha perda. Tendo incluso en conta as estimacións máis baixas de subida do IPC para o 2023 (as que fai o Banco de España) e reflectindo xa a suba do 0,5%, o panorama é o seguinte:

 

Perda de poder adquisitivo das persoas empregadas públicas (2022-23)

  Salarios IPC Diferenza
2022 3,5% 5,7% -2,2%
2023 3,0% 3,6% -0,6%
Total 6,5% 9,3% -2,8%

 

A Xunta confirma que levará esta modificación á Comisión de Persoal pero que non vai dar tempo a que se materialice na nómina de outubro, e será para novembro con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2023.

Isto non palía a perda do poder adquisitivo pero os sindicatos amigos seguen dando palmas despois de venderse por unha botella de aceite.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...