Novas por contido

Nunha reunión informativa celebrada o día 9 de outubro, Función Pública comunícanos o seguinte:

CONCURSOS DE TRASLADOS

Prelación das convocatorias que se van publicar:

  1. Bombeiros/as e persoal SPIF (categorías funcionarizadas).
  2. Política Social e Consorcio.
  3. Administración especial.

Fixemos constar que o concurso de traslados de Administración xeral (e as súas escalas) non aparece neste cronograma polo que demandamos que se inclúa.

TOMAS DE POSESIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS

Ao final en Función Pública van entrando en razón e din que van procurar dar tomas de posesión en destino definitivo ao persoal que vai superando os procesos selectivos SEMPRE E CANDO AS PRAZAS PASARAN POR UN CONCURSO DE TRASLADOS INMEDIATO PREVIO. E aclara a orde de prelación de tomas de posesión nos procesos:

1.Concursos de traslados (fase ordinaria con todas as vacantes e de resultas).
2.Eleccións de destino dos aprobados en todos os procesos que agora se atopen en destino provisional.
3.Eleccións de destino dos procesos libres e de estabilización rematados ou aínda en marcha.
4.Eleccións de destino dos procesos de concurso de méritos (lei 20/2021).
5.Eleccións de destino de concurso-oposición (lei 20/2021) [se pasa moito tempo dende o concurso e hai cambios estas últimas poderían ser en destino provisional].

Procurarase que nos catro primeiros a resolución sexa de xeito simultaneo en cada corpo ou escala (por exemplo, no caso de escolas infantís antes de comezo de curso e no caso de bombeiros antes da tempada de máximo risco).

Protestamos pola FALTA DE PROMOCIÓN INTERNA SEPARADA dos corpos xerais, esquecida por Función Pública e a piques de caducar a de 2020, e doutras varias escalas onde os procesos de libre das mesmas OEP´s están convocados e case rematados. Terían que convocarse e rematar antes das citadas no punto 3 pois moitas están derivadas das mesmas OEP´s. Como sempre o persoal da casa o máis maltratado pola Administración da Xunta do PP. Esixímoslle a súa convocatoria inmediata.

NOTA: a CIG fixolle constar a Función Pública que o artigo 12 da lei galega de temporalidade contempla que os destinos dos procesos selectivos derivados da lei 20/2021 serán de carácter PROVISIONAL.

En consecuencia, a Administración debe instar que se modifique dita lei a través da Lei de medidas de próxima aprobación.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...