Novas por contido

No DOG do 22/11/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir trinta (30) prazas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1)

- RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento oitenta e cinco (185) prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).

- RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir duascentas corenta (240) prazas do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento trinta (130) prazas, do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...