Novas por contido

O día 21/11/2023 publicáronse no DOG as convocatorias polo sistema de acceso libre e promoción interna a varias escalas. No caso da promoción interna se esixía pertencer ao subgrupo inmediatamente anterior de persoal funcionario.

No caso da promoción interna das escalas de oficial e capataz de recursos naturais e forestais ou analistas de laboratorio sucede que coas bases desas convocatorias se está restrinxindo o acceso ao persoal laboral que aínda non está funcionarizado.

Por exemplo, a analista de laboratorio, pode ir calquera persoa funcionaria de calquera escala do C2 que teña titulación, pero NON poden ir as persoas da escala que por itinerario profesional serían as máis indicadas e as que se lles supón maior interese, as auxiliares de laboratorio. E isto porque a pesares de que fixeron os exames de funcionarización NON foron aínda nomeadas funcionarias de carreira. Isto sucede tamén no resto das escalas convocadas.

Esta eiva lla comunicamos a Función Pública en varias mesas, e a resposta foi que modificarían as bases para solucionar este problema.

Pero a resolución que modifica esas convocatorias ten un erro conceptual. Se trataba de formular unha promoción cruzada dende o grupo IV ao grupo C1 e o que fai a resolución é permitir a promoción horizontal dende grupo III ao subgrupo C1, cousa correcta pero que non soluciona o problema, co cal as persoas do grupo IV (futuras funcionarias do C2) non poden concorrer.

Dende a CIG volvemos a comunicarlle a Función Pública que o erro non está resolto e pedímoslles que modifiquen outra vez as bases e amplíen o prazo.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...