Novas por contido

Na xuntanza da Comisión de Listas de Contratación que tivo lugar o 20/12/20023 a Administración trasladou a seguinte información:

Listas provisionais de persoas admitidas/excluidas: no referente ao procedemento a seguir para presentar alegacións ás listas provisionais publicadas no DOG do 20/12/23, aquelas persoas que fixesen a solicitude de inclusión por medios electrónicos teñen que seguir o procedemento por este medio. No caso que teñan que presentar documentación, o propio programa emite un documento para presentar no rexistro xunto coa documentación correspondente.

O periodo de alegacións remata o día 5 de xaneiro. Teñen previsto que se publiquen as listas definitivas antes da próxima reunión da Comisión de Listas, que será o día 24 de xaneiro.

Modificación nas citacións electrónicas: a Lei de medidas fiscais e administrativas que se vai publicar o 1 de xaneiro inclúe unha modificación nas citacións electrónicas para as listas de contratación. Co fin de garantir as coberturas urxentes o tempo do que dispón a persoa para elexir redúcese de 5 a 2 días naturais. Xa se vai aplicar ás citas que saian dende o día 2 de xaneiro.

Por este motivo, van adiantar as próximas citas electrónicas para non interferir nos traballos informáticos que van facer na última semana do ano.

Puntuación que se terá en conta para as listas de contratación: mentres coexistan procesos de estabilización e ordinarios contarase a que sexa máis favorable á persoa, ata que rematen os procesos de estabilización.

Esta semana publicarán na web de Función Pública unha nota informativa con estas novidades.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...