Novas por contido

Tras a negociación colectiva das condicións para a creación desta unidade as organización CIG, CSIF, CCOO e UGT asinamos o Acordo para unha unidade móbil de axentes ambientais que se especializará en infracción graves e reiteradas no patrimonio natural así como na persecución de delitos ambientais.

A unidade se consideraba necesaria polo persoal xa que a día de hoxe Galiza aínda non conta con ningunha brigada especializada na conservación do medio natural e na persecución de delictos ambientais como si a teñen outras comunidades autónomas.

Este Acordo coa Vicepresidencia Segunda e consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda valórase que vai servir de experiencia piloto para a especialización do persoal axente ambiental. Lembrámoslle que este persoal leva moitos anos esquecido pola Administración e que temos denunciado reiteradamente a falta de formación, material, cobertura e creación de prazas e de apoio nas funcións habituais.

A brigada-UICON contará con 8 prazas, nas que se inclúe un coordinador/a e o adxunto/a, que cun ámbito nacional se desprazarán polo territorio baixo a dependencia da Dirección Xeral do Patrimonio Natural e que comezará a súa andadura logo da aprobación da RPT e cobertura das prazas, cuestión que esperemos que a Consellería cumpra o compromiso e se faga a modificación de rpt no mes de xaneiro.

A negociación do Acordo UICON

Tras varios borradores as alegacións da CIG centráronse en definir mellor as competencias (incluíndo os delitos ambientais), en promover a cooperación co resto do persoal, en asegurar a formación de todos os axentes ambientais, en eliminar a elección do posto de coordinador/a por Libre Designación e o aumento do número de integrantes destas unidades e que puideran situadas nas provincias aínda que a dependencia funcional sexa da DX (isto non o aceptaron).

Ademais pediuse que se aumentara o período extraordinario de 2 a 4 meses para todo o personal dada a necesidade de ampliar este periodo así como modificar a orde de horarios para realizar gardas nocturnas no caso de necesidade ao que polo de agora non están abertos.

Demos plasmado neste Acordo que a unidade será incluída como especialización da escala, no desenvolvemento regulamentario de funcións da escala de axentes técnicos en xestión ambiental..

Finalmente coa maioría das cuestións aceptadas acordamos apoiar esta unidade móbil especializada como primeiro paso para potenciar a carreira profesional e recoñecer a labor destas escalas de funcionarios e funcionarias da Xunta de Galiza.

Que pasa co Acordo das Illas Atlánticas?

No acto de sinatura volvimos preguntar polo Acordo para o persoal que traballa nas Illas Atlánticas, negociación que estaba moi adiantada cando a comezamos con este das UICON. A Vicepresidenta segunda e CMATV, Angeles Vázquez, respostou que irá no “primeiro trimestre de 2024”. Afeamos a sua resposta xa que estamos en pleno concurso de traslados de axentes ambientais e o persoal ten dereito a coñecer as condicións laborais das prazas as que opta ademais polo ridículo da resposta xusto cando acababan de anunciar o adianto electoral para o 18 de febreiro.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...