Novas por contido

Segue aberta a mesa de negociación para o Acordo de condicións laborais para o persoal do SPIF, que polo de agora a CIG considera insuficiente e que exclúe ao persoal laboral.

O 1 de febreiro de 2024, tivemos unha nova xuntanza coa Consellería de Medio Rural para negociar o Acordo. Aínda que houbo cambios con respecto á última proposta de borrador, para nós segue sendo insuficiente con falta de regulación en cuestións básicas tales coma as quendas.

Pero o problema mais destacado é que o texto que nos presentan deixa fora ao persoal laboral, directamente a 985 compañeiros fixo-descontinuos e indirectamente queda no aire o persoal laboral que ocupa prazas de funcionario. Compre reconducir a situación é que se produza a negociación no ámbito adecuado na que estean todas as partes implicadas no V Convenio. Pretende a Xunta de Galiza ter persoal facendo o mesmo traballo e con condicións laborais distintas? E posible ter horarios, sistema de quendas, salario diferente nun mesmo servizo?.

A maiores diso cabe reflexionar sobre moitos elementos do acordo como:

  • Que pasará cando un compañeiro que está a facer as quendas deste acordo sin a compensación economiza nin horaria o reclame no xulgado e lle apliquen en vez do Acordo o V Convenio?
  • E ter distintos horarios e salarios para persoal fixo-descontinuo e o funcionario é unha irresponsabilidade que vai abocar ao caos ao servizo de incendios da Galiza e afondar na discriminación do colectivo de traballadores máis precarizados da consellería.
  • Por outra parte deixa para regular máis adiante o complemento de nocturnidade ou a adaptación das quendas para o persoal das brigadas helitransportadas e centros con condicións especiais alongando o problema de indefinición actual.
  • Mención especial merece o apartado económico: soben ás cantidades pero seguen a establecer diferenzas entre grupos por compensar domingos e festivos e… de verdade imos tardar 3 anos en cobrar o 100%?.
  • As compensación de 5 días haberá que pegalas as vacacións que se poderán coller en grupos de 7 días efectivos de traballo, na CIG defendemos que sirvan de descanso real e repartilos para baixar os riscos laborais asociados a fatiga (como AP).
  • E insistimos nun novo apartado para a negociación de funcións e organización dentro das quendas e horarios e tamén no traballo nos incendios que estamos pendentes de ver se aceptan cando envíen o último documento.

Valoramos a intención, aínda que tarde, da administración en recoller parte do Acordo Marco e Anexo de incendios proposto pola CIG en marzo 2022 para negociar este acordo. Non podemos dicir o mesmo do trifachito sindical CCOO-UGT-CSIF querendo por catro pesos, deixar fóra a parte dos/as compañeiros/as do ámbito deste acordo.

Así lembrámosche que comezamos unha negociación cunha proposta de ACORDO DE CONDICIÓNS LABORAIS para todo o persoal do SPIF e agora derivou a un ACORDO DE PERSOAL FUNCIONARIO que exclúe a mais da metade dos compañeiros e que é tan aberto e xeral para seguir de despachos coa comisión de seguimento.

AVISO IMPORTANTE

Mentres prosigan as negociacións de forma positiva, do calendario de mobilización, SUSPENDEMOS TEMPORALMENTE a concentración prevista para este martes 6 de febreiro pendentes de si por unha vez temos un BO ACORDO PARA TODO O PERSOAL

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...