Novas por contido

A convocatoria de concentración fixo o seu efecto: ante a forza mobilizadora a Administración convoca mesa con Función Pública para a negociación REAL do acordo.

Cada vez que a CIG fixo propostas apoiadas por mobilizacións se produciron movementos de convocatorias e de avance nos dereitos laborais e na loita contra a precariedade xa que parte dos contidos foron asumidos polas outras OOSS e pola administración, o que confirma o acerto no plantexamento do noso sindicato

Ante a convocatoria de mesa do xoves 8 de febreiro a CIG-Autonómica comunica:

1. Valoramos o éxito da loita do persoal do SPIF. Con cada convocatoria de mobilización demos un paso adiante para avanzar nun Acordo de condicións laborais acadando neste momento, grazas a unha nova convocatoria de concentración da CIG, a entrada en mesa para desenvolver o proceso de negociación colectiva formal en base a normativa. Conseguimos deste xeito sacar os pactos dos despachos e dos anuncios políticos e enviar a negociación a onde estamos todos os axentes sociais e a parte da Xunta que pode posibilitar o Acordo: a Dirección Xeral de Función Pública.

2. Dende a posición de partida con dobre sistema de traballo e ata 12 horas sen dereitos e sen claridade na aplicación, chegamos a día de hoxe a un texto que segue sendo moi insuficiente e ambiguo. A CIG seguirá presionando e traballando para melloralo o máximo posible e que acolla a todo o persoal. Porque non temos compañeiros de primeira e de segunda. A igual traballo igual salario e condicións laborais.

3. Introduciremos nesta mesa a ampliación do tempo de traballo de 6 a 9 meses para que non quede nun mero anuncio político do presidente en funcións, e loitaremos para eliminar os prazos e que xa consolidemos no 2024 os 9 meses.

Posto que xa conseguimos introducir na mesa formal de negociación o acordo, e porque defendemos que as negociacións deben facerse con transparencia e boa fe negocial, APRAZAMOS A MOBILIZACIÓN deste XOVES 8.

Ademais, a pesar das presións por facer unha negociación exprés por parte do resto de axentes sociais, e das presas repentinas da Administración, atendemos a petición dos traballadores na Asamblea telemática de onte: procederemos a CONVOCAR ASAMBLEAS PRESENCIAIS para que o persoal poidamos valorar o borrador definitivo que se ultime na mesa de negociación.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.