Novas por contido

No DOG do 07/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo máximo establecido na Resolución do 17 de xaneiro de 2024 para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada polas resolucións do 20 de xaneiro e do 6 de febreiro de 2023.

- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo máximo establecido na Resolución do 17 de xaneiro de 2024 para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada polas resolucións do 20 de xaneiro e 6 de febreiro de 2023.

O devandito prazo finalizará o 14 de febreiro de 2024.

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...