Novas por contido

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada.

A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Agora, vimos de denunciar perante a Valedora do Pobo a conculcación, na práctica, do dereito á redución de xornada do persoal das escolas infantís.

Nas Resolucións das solicitudes de reducións por conciliación das traballadoras e traballadores, introduce unha cláusula que indica que a persoa traballadora solicitante do dereito, non pode comezar o desfrute da redución até que se proceda á cobertura da franxa horaria reducida por persoal substituto.

Isto sucede en todas aquelas resolucións en que a quenda horaria da redución da persoa solicitante, de non ser substituída, podería implicar un incumprimento da normativa sobre ratios.

Tomando en conta a discrecionalidade absoluta nas ordes que teñen que dar para proceder á cobertura con persoal substituto e o tempo que poden tardar en facelo, a persoa traballadora atópase nunha situación insostible para conciliar a súa vida familiar e laboral.

Por outro lado, non se entende que se lle ofreza á traballadora outra franxa horaria para a redución, que non solicita nin lle facilita a conciliación. Semella un insulto que se lle faga tal ofrecemento como se o traballador ou traballadora decidiran reducir horario e salario por un capricho:

<<De acordo con todo o indicado, Resolvo:

1. Estimar a solicitude e, polo tanto, conceder a redución da súa xornada laboral ...

2. Non obstante o anterior, e con respecto da concreción horaria solicitada pola interesada ..., non procede a súa concesión en tanto non estea garantida a cobertura da franxa horaria que deixa descuberta ..., posto que, do contrario, produciríase un incumprimento das ratios de persoal esixidas no artigo 27.2 do Decreto 329/2005, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

3. Tendo en conta o anterior e, de cara a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral por parte da interesada, no suposto de que non sexa posible cubrir a dita franxa horaria a partires do 15.9.2021, a interesada poderá solicitar a redución de xornada noutra franxa horaria na que non se vexan comprometidas as necesidades do servizo.>>

Resumindo, o que fai o Consorcio é:

1. Concédoche a redución.

2. Non podes comezar a exercer o dereito até que se te substitúa.

3. Váiseche substituír cando eu o diga, porque son eu quen fai os chamamentos.

A CIG volve denunciar estas prácticas ilegais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ao seu cadro de persoal.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...