Novas por contido

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza.

O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese dereito íase manter parar o persoal laboral funcionarizado da citada consellería pero na práctica foille retirado. É evidente que o importe non é elevado, pero si que supuña unha axuda para contribuír aos gastos que supón ter unha persoa dependente a cargo e que ten uns ingresos moi baixos (inferiores ao SMI).

A CIG leva anos solicitando que esta axuda se inclúa na nómina tamén para o persoal funcionario, co mesmo sistema de solicitude que ten o persoal laboral, por unha soa vez, e ata que se perda o dereito a cobrala. Función Pública xa en marzo do ano 2023 afirmaba que no último trimestre do ano iniciaría unha negociación nos termos que a CIG propón, pero non só non foi así senón que permite que se deixe sen ese dereito ao persoal que o tiña recoñecido.

A CIG esixe que se reverta esta situación, que se siga aboando a axuda ao persoal que a viña percibindo ata que se negocie de xeito urxente un auténtico Fondo de Acción Social ao que se poida acoller todo o persoal empregado público da Xunta, que vaia máis aló dunha simple liña de axudas para a atención de persoas con discapacidade e que se recuperen os importes subtraídos no 2012 chegando, como mínimo ao 1% da masa salarial.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.