Novas por contido

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas.

Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de competencia da comunidade galega e non afondan en dar solucións aos principais problemas deste persoal que sí son cuestións de competencia estatal directa.

Ademais non se nos convocou como organización sindical coa consideración de mais representativa nin se negociou dentro da Mesa Xeral das Administracións Públicas, a pesar de que este persoal na Galiza e noutros territorios é persoal empregado público.

Tendo en conta que pouco mudou o contido dos textos dende o anterior intento de proxectos de lei (que se desbotou por mor da convocatoria das pasadas eleccións xerais), as nosas propostas seguen sendo as mesmas que daquela.

A modo de resumo estas son as nosas principais reivindicacións:

 

Axentes forestais e medioambientais

Funcións: obviase a función da dirección técnica de extinción (DTE), función fundamental e necesaria na Galiza en relación coa loita contra o lume. Solicitamos a súa inclusión no texto.

Coeficientes redutores da idade de xubilación: propoñemos regular de xeito directo a aplicación de coeficientes redutores para a xubilación anticipada (0,20 por ano completo efectivamente traballado).

Colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado: opoñémonos a que se articulen nesta norma competencias que non son de entidade estatal e polo tanto non son función directa destes corpos. Con este proceder, se estaría a validar unha duplicidade de competencias.

Seguridade e saúde laboral: precísase un catálogo de enfermidades profesionais propias e medidas impositivas cun prazo máximo de actuación e un sistema de avaliación.

Uniformidade: é preciso estabelecer a igualdade da uniformidade do persoal dos parques nacionais transferidos.

Igualdade: propoñemos a obriga de estabelecer un plan específico de igualdade atendendo á especial infrarrepresentación feminina.

 

Bombeiros/as forestais

Xubilación anticipada: concordamos con que a xubilación para o persoal bombeiro forestal sexa a recollida no Real Decreto 383/2008, de 14 de marzo tal e coma sostivo sempre a CIG. Nós solicitamos que se estenda o cálculo para os coeficientes redutores con carácter retroactivo e vinculados ás funcións efectivas realizadas independentemente da nomenclatura da categoría empregada.

Precariedade laboral: a pesares de que este anteproxecto referise á alta temporalidade e estacionalidade, non achega solucións a este problema. Dende a CIG defendemos a necesidade de traballar os 12 meses do ano, cun servizo profesional de emerxencias completo no medio natural e rural.

Dereitos laborais básicos: o proxecto de lei debería recoller medidas impositivas concretas para implementar unha conciliación laboral e familiar real e efectiva. Ademais, tería que estabelecerse unha xornada máxima anual universal que tivera en conta os coeficientes multiplicadores do traballo nocturno e a quendas e as condicións tóxicas e penosas desta actividade.

Seguridade e saúde laboral: debe estabelecerse un catálogo de enfermidades profesionais e un regulamento de prevención de riscos laborais propios no prazo máximo dun ano.

Igualdade: hai que eliminar do texto a linguaxe sexista e implementar a obriga de establecer un plan específico de igualdade atendendo á especial infarrepresentación feminina.

Servizos 100% públicos e con mando único.

Formación: debe ser unha formación ampla e axeitada. Ten que ser considerada en todo caso como de prevención de riscos laborais (PRL) e realizada en tempo de traballo.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...