Novas por contido

No DOG do 28/02/2022 publican a RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o Acordo do 14 de febreiro de 2022, entre a Consellaría de Facenda e Administración Pública e a Consellzría do Medio Rural, polo que se encomendan a esta última determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral ou para o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais.

Refírese ás seguintes categorías de persoal laboral dedicadas as tarefas de prevención de incendios forestais ou corpos ou escalas de persoal funcionario declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro:

I 038 Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

II 039 Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

III 100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV 032 Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV 033 Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV 037 Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V 10A Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V 10B Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V 10C Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V 014 Bombeiro/a forestal

V 14A Bombeiro/a forestal condutor/a

Outras novas recentes

Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Venres, 03 Mai 2024

Listas de substitución de persoal funcionario e laboral: actualización provisional dos méritos

No DOG do 03/05/2024 publican a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos, correspondente ao ano 2023, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Publican a...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...