Novas por contido

No DOG do 01/07/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 26 de abril de 2021 (DOG número 81, do 30 de abril) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo pertencente ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro) e 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 12 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo ás respectivas resolucións a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propoñen o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...