Novas por contido

No DOG do 12/09/2022 publican o DECRETO 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O regulamento resulta de aplicación ao persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enumeradas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza.

De acordo co artigo 89.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, o concurso é o procedemento normal de provisión de postos de traballo polo persoal funcionario de carreira e consiste na valoración dos méritos e das capacidades e, de ser o caso, das aptitudes dos candidatos conforme as bases establecidas na correspondente convocatoria.

O concurso para a provisión de postos de traballo poderá ser ordinario ou específico segundo se determine na relación de postos de traballo.

Os concursos para a provisión de postos de traballo poden convocarse para a xeneralidade dos postos de traballo vacantes, para postos de traballo dun determinado ámbito ou para postos de traballo concretos, en atención ás necesidades do servizo. En todo caso, non se incluirán neles os postos de traballo que teñan adscrito persoal funcionario de carreira por motivos de saúde ou rehabilitación ou por motivos de violencia de xénero.

En todo caso, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, estará obrigado a participar nos concursos ordinarios de provisión de postos de traballo o persoal funcionario de carreira que se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Persoal removido do posto obtido por concurso ordinario ou específico, agás que acceda a outro posto con carácter definitivo.

b) Persoal removido do posto obtido mediante libre designación, agás que acceda a outro posto con carácter definitivo.

c) Persoal cuxo posto de traballo sexa obxecto de amortización.

d) Persoal adscrito con carácter provisional a un posto de traballo.

e) Persoal que non se atope adscrito nun determinado posto de traballo.

O incumprimento desta obriga determinará a declaración da situación de excedencia voluntaria por interese particular.

O disposto nesta alínea será de aplicación en exclusiva aos postos de persoal funcionario de carreira de Administración xeral e especial.

De acordo co artigo 92.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, a libre designación con convocatoria pública consiste na apreciación discrecional polo órgano competente da idoneidade das persoas solicitantes en relación cos requisitos exixidos para o desempeño do posto.

Os procedementos de concurso, sexa ordinario ou específico, e libre designación con convocatoria pública para a provisión de postos de traballo rexeranse pola correspondente convocatoria, que se axustará ao establecido no presente regulamento e ás normas específicas que resulten de aplicación.

Outras novas recentes

Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...