Novas por contido

No DOG do 09/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2, II.3 e II.5 da convocatoria.

Outras novas recentes

Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...