Novas por contido

No DOG do 05/12/2022 publican a RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

As tres probas de aptitude física do segundo exercicio do proceso selectivo, terán lugar os días 12 e 13 de decembro de 2022 nos seguintes lugares:

Primeira proba (subida escala de vento): terá lugar o 12 de decembro de 2022 no Rocódromo Municipal de Pontevedra (Pavillón Multiusos da Xunqueira, 1ª travesía da rúa Celso Emilio Ferreiro) en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Segunda proba (carreira de 1.000 metros): terá lugar o 12 de decembro de 2022 na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) (rúa Padre Fernando Olmedo, s/n, de Pontevedra), en chamamento único que terá lugar ás 13.00 horas.

Terceira proba (natación): terá lugar o 13 de decembro de 2022 na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) (rúa Padre Fernando Olmedo, s/n, de Pontevedra), en chamamento único que terá lugar ás 10.00 horas.

Outras novas recentes

Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...