Novas por contido

No DOG do 23/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 004 do grupo I, titulado/a superior, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro).

- RESOLUCIÓN do 24 de decembro de 2022 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo, na categoría 002 do grupo III e na categoría 062 do grupo III, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro).

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...