Novas por contido

No DOG do 01/02/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan públicas, como anexos a estas resolucións, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...