Novas por contido

No DOG do 07/02/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Na modificación das convocatorias de procesos selectivos publicada o 7 de febreiro de 2023, incluíronse novas categorías polo que é preciso publicar os temarios que corresponden ás mesmas, polo que esta consellaría.

- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Resolución de 20 de decembro de 2022 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral, subgrupo A2, correspondentes a os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...