Novas por contido

No DOG do 07/02/2023 publican:

- RESOLUCIÓN de 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número nº 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1, para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP e para analista xestor de contidos web (persoal propio do Cixtec).

Convócase o proceso selectivo de estabilización para as seguintes escalas/especialidades ou categorías:

– Analista xestor de contidos web (persoal Cixtec), grupo II.

– Escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1.

– Escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

O prazo para a presentación de instancias para estos procesos iniciase o 10 de febreiro e remata o día 10 de marzo (inclusive).

- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso-oposición, modificadas pola resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2 e para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

Convócanse os procesos selectivos de estabilización para as seguintes escalas/especialidades ou categorías:

– Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2.

– Escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

O prazo para a presentación de instancias para estos procesos iniciase o 10 de febreiro e remata o día 10 de marzo (inclusive).

Outras novas recentes

Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...