Novas por contido

No DOG do 15/02/2023 publican a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 212, do 7 de novembro).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non reciba correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...