Novas por contido

No DOG do 09/03/2023 publican a RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza na categoría 003 do grupo V, ordenanza e outras, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 5 marzo de 2019 (DOG número 49, do 11 de marzo).

Nomean persoal laboral fixo na categoría 003 do grupo V, ordenanza e outras, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destino provisional os que figuran no mesmo anexo.

As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galiza e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomar posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Un listado de postos do C1 (administrativo) moi desequilibrado territorialmente

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega. Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando...
Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Martes, 07 Mai 2024

Concentración polos dereitos de todas e todos a unha xubilación digna e polos coeficientes redutores de gardacostas, axentes ambientais, ...

A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.  Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a...