Novas por contido

No DOG do 03/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023 pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso dos procesos selectivos para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021, e para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.

- RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino en prácticas e se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas das persoas aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021, e das persoas aspirantes que superaron as fases de oposición e de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os ditos procesos selectivos e que, para dar cumprimento á base III.1 da convocatoria da escala superior de finanzas e na base II.4 da convocatoria da escala técnica de finanzas, son convocadas de xeito presencial ao acto de elección de destinos en prácticas, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino. Este acto terá lugar no salón de actos pequeno (núm. 2) da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ás 11.30 horas do día 6 de outubro de 2023.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...