Novas por contido

No DOG do 04/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arqueólogos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, polo que se lle da publicidade a diversos acordos referentes ás cualificacións obtidas polos aspirantes no primeiro exercicio modificando a Resolución do 20 de xullo de 2023.

- RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos os acordos do tribunal.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...