Novas por contido

No DOG do 20/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 7 de xullo de 2023, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal (na listaxe de resultados por puntuación, as persoas aspirantes con idéntica puntuación aparecen ordenadas por orde alfabética).

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

De conformidade coa base II.1.1.2, respecto do segundo exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG do presente acordo, que posuían o día da publicación da convocatoria deste proceso no DOG o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado.

Xunto coa publicación das puntuacións obtidas no primeiro exercicio, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a listaxe de persoas aspirantes exentas deste segundo exercicio, por existir constancia na referida dirección xeral da documentación acreditativa da exención.

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...