Novas por contido

No DOG do 17/11/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019.

- RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019.

- RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019.

Publican como anexos I as relacións de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo as bases IV.6 das convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Outras novas recentes

Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...
Xoves, 16 Mai 2024

Sonia Rodríguez-Campos González suprime na EGAP os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, vixentes dende hai 38 anos

Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da...
Mércores, 15 Mai 2024

Convocado o concurso de traslados da Administración xeral da Comunidade Autónoma

No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas...