Novas por contido

No DOG do 17/11/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro de 2022), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 29 de novembro de 2023, ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid 2-4 (Fontiñas).

Outras novas recentes

Mércores, 15 Mai 2024

Souto de Leixa: o público é servizo, o privado beneficio

O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos. Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban...
Venres, 10 Mai 2024

A CIG solicita unha xuntanza urxente con Medio Rural para tratar as melloras laborais das/os axentes ambientais

A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais: Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes...
Martes, 14 Mai 2024

Vixilancia de estradas: a Xunta paraliza o proceso de promoción interna mentres privatiza as funcións que tería a nova escala

Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración. Estas funcións están sendo...