Novas por contido

No DOG do 01/03/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía (Diario Oficial de Galiza número 231, do 5 de decembro) convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 14 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 14 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 13 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 14 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 14 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro de 2023), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 13 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración pública, sita na rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...