Novas por contido

No DOG do 05/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliar de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), e modificada pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican no portal web corporativo https://www.funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1 da convocatoria.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...