Novas por contido

No DOG do 28/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

- RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

As listaxes de persoas aspirantes admitidas e a de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderanse consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 28/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023 pola que se declara inhábil o mes de agosto para os efectos do cómputo de prazos de diversos procesos selectivos da Xunta de Galiza.

Declaran inhábil o mes de agosto exclusivamente para os efectos do cómputo de prazos para a realización dos segundos exercicios dos procesos selectivos dos corpos, escalas e categorías que se están a desenvolver convocados pola Dirección Xeral da Función Pública.

No DOG do 27/07/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 6 de xullo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais.

- RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 20 de xullo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Sanidade.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de xuño de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza, do 15 de xuño de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de marzo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 23 de marzo de 2023 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellaría do Mar.

No DOG do 26/07/2023 PORTOS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas, con indicación da causa de exclusión, na páxina web https://portosdegalicia.gal

No DOG do 26/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se constitúe o tribunal que deberá cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

No DOG do 26/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020.

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

No DOG do 24/07/2023 GALIZA CALIDADE, S.A.U. publica a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2023 pola que se publica a baremación provisional das persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da entidade instrumental do sector público autonómico da comunidade autónoma.

No DOG do 24/07/2023 a FUNDACIÓN GALICIA EUROPA publica o ANUNCIO do 30 de xuño de 2023 polo que se dá publicidade á exposición da lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No DOG do 24/07/2023 a AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA publica o ANUNCIO do 13 de xullo de 2023, da Comisión de Selección, polo que se fai pública a resolución da mesma data sobre o resultado da proba de coñecemento da lingua galega obtido polas persoas aspirantes que non acreditan estar en posesión do nivel de coñecemento requirido.

No DOG do 24/07/2023 publican a RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública, do 10 de decembro de 2020 (DOG número 249, do 11 de decembro), pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e se modifica a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...