Novas por contido

No DOG do 31/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 166, do 17 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican as novas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 31/10/2023 a VALEDORA DO POBO publica a RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023 pola que se convoca unha bolsa destinada para a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución neste organismo.

O prazo de presentación será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 31/10/2023 a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN publica a RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023 pola que se convocan dous postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para as persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

O prazo para presentar as solicitudes será de quince días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 30/10/2023 publican o ANUNCIO do 18 de outubro de 2023 polo que se dá publicidade ás bases que rexerán o proceso de elaboración das listaxes conxuntas do Igape e Xesgaliza para a contratación temporal de persoal técnico superior e se abre o prazo de presentación de solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 27/10/2023 o CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR - FUNDACIÓN CETMAR ANUNCIA que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de varias prazas para varios proxectos.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

No DOG do 27/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Publican, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición do citado proceso selectivo.

No DOG do 27/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2.

- RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

Ampían o prazo de realización do segundo exercicio dos procesos selectivos en trinta días hábiles.

No DOG do 27/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

No DOG do 27/10/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Requisitos das persoas participantes: persoal dos equipos: de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, da Residencia de Maiores da Estrada (Pontevedra).

A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 25/10/2023 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023, da Comisión de Selección encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, pola que se aproba e se fai pública a baremación provisional de méritos do concurso.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...