Novas por contido

62 inspectores desenvolven os controis en toda Galicia, un 38% menos que en 2006

CIG, CCOO, CSI•F e UGT convocan unha folga indefinida a partir do día 18 de maio para reclamar medios materiais e personais e unha mellor organización para garantir a correcta vixilancia

A pesar da protesta do colectivo do persoal Farmaceutico Inspector de Saúde Pública (FISP) o pasado 9 de decembro do 2015 ante a Consellería de Sanidade para reivindicar unha “maior responsabilidade sanitaria que evite riscos á poboación galega” e tras as importantes alertas ambientais xurdidas hai pouco tempo en Galicia (auga de Ferrol e legionella en Lugo), e máis recientemente a intoxicación de máis dun centenar de persoas de dous clubs de baloncesto no Salnés, Sanidade lonxe de mellorar a situación reduce máis a perioricidade no número de inspeccións a realizar.

Hai que resaltar que malia ser obrigatorio, a maioría das situacións de risco para a saúde non son comunicadas á poboación. Así, é habitual que a cidadanía descoñeza a existencia de abastecementos que subministran ‘auga non apta para o consumo’, piscinas que incumpren os parámetros de calidade do auga, zonas de baño contaminadas sen ningún tipo de sinalización nin vixilancia, colexios, gardarías, balnearios e termas públicas sen control sanitario, velorios e tanatorios ‘ilegais’, casos de legionelosis, e infinidade de fontes públicas e traídas veciñales que non están sometidas a ningún tipo de análise nin control.

Este ocultamento denota o desinterese de Sanidade pola saúde da cidadanía e reflicte a carencia de medios materiais e de persoal así como unha máis que mellorable organización deste servizo, que na actualidade está cuberto por 62 profesionais cando o corpo dos FISP en 2006 contaba con 100 prazas, é dicir, reducíronse un 38%.

Ante a falta de reacción da consellería, CIG, CCOO, CSI•F e UGT acaban de convocar unha folga deste servizo a partir do día 18 deste mes, ás 00.00 horas, e desenvolverase todos os luns, martes e mércores de todas as semanas de xeito indefinido.

Aos cidadáns, interesaralles que o labor de inspección dos FISP, co principal obxectivo de velar pola vixilancia da saúde pública ambiental, centrase en:

  • Auga de abastecementos: municipais, propios e vecinais, asegurando a calidade do auga que beben todos os cidadáns, como a que beben os nenos nas escolas, gardarías, fontes do camiño, etc.
  • Praias, asegurando a calidade do auga do baño (programa europeo).
  • Piscinas, asegurando a calidade do auga do baño, incluíndo piscinas, spas, jacuzzis-legionella, e inspeccionando os sistemas de auga quente sanitaria de hoteis, ximnasios, piscinas, hospitais, residencias da 3ª idade e torres de refrixeración ou condensadores evaporativos en industrias, centros comerciais..., para poder controlar a legionella e que non se cheguen a producir brotes como saen na prensa (Cataluña, Murcia...)
  • Centros de tatuaxe, piercing e micropigmentación, para asegurar que se realizan con tintas autorizadas,e que os tatuadores teñan a formación e vacinación axeitada, velando pola saúde dos cidadáns que requiren estes servizos (hoxe moi de moda entre a poboación máis nova)
  • Vixilancia en albergues do Camiño de Santiago, que cada vez son elixidos por un maior número de peregrinos durante todas as épocas do ano.
  • Control de biocidas, produtos químicos, que se utilizan en piscinas, legionella, auga de consumo humano, tratamentos de DDD...para asegurar que non soamente se utilizan produtos autorizados polo Ministerio senón que as empresas empréganas nas condicións adecuadas.
  • Denuncias que fan os cidadáns (tabaco, chinches, condicións de insalubridade...).

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...