Novas por contido

A CIG interpuxo no seu día un Conflito Colectivo para o recoñecemento do Servizo militar para o computo dos trienios do persoal laboral do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia, en aplicación do artigo 26.1 do V Convenio: "Para o cómputo de trienios [..] teranse en conta os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente".

Os letrados da Administración contactaron cos servizos xurídicos da CIG para pospoñer o xuízo de cara a unha negociación. O xuízo foise aprazando ata lograr un acordo favorable as nosas pretensións e a aquelo que as sentenzas viñan recoñecendo.

Con este acordo a CIG comprométese a desistir do Conflito Colectivo presentado no seu día.

Este é o acordado coa Xunta de Galiza:

Recoñecer os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o computo de trienios.

Terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente por sentenza definitiva e firme.

As novas solicitudes resolveránse aplicando a criterio da literalidad da norma.

Dende a CIG esiximos tamén que este acordo se faga extensivo ao persoal funcionario que non o teña recoñecido, xa que entendemos que os dereitos deben ser iguais para todos os empregados público.

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...