Novas por contido

O martes 19 de xullo reuniuse a Comisión de Persoal para aprobar varios asuntos:

RPT de Infraestruturas e Vivenda

A CIG recoñece o talante negociador da consellería, pero mantemos a nosa disconformidade coa amortización de 8 postos de traballo (7 postos base de persoal funcionario e 1 de limpador). Rexeitamos tamén a cobertura de postos mediante Concurso Específico.

CIG, CCOO e UGT votamos en contra. CSIF abstívose.

RPT de Política Social

A través da negociación chegamos a avances, aínda que non os suficientes para que cambiemos o sentido do noso voto, pero que alomenos as reunións foron construtivas nalgúns aspectos. Mantemos a nosa demanda de que se aumente a xornada a todos os traballadores das residencias de Panxón e O Carballiño. Insistimos na necesidade de converter o auxiliar coidador do C.M. A Carballeira en Educador/a. Non crean as prazas de medicos/as nos novos equipos de valoración da discapacidade do Ferrol e Santiago coa pretensión de establecer unha experiencia piloto co SERGAS para que sexa o persoal médico estatutario o que emita o informe da discapacidade física. Suprimen catro postos de educadores/as do centro de menores Avelino Montero de Pontevedra coa escusa do descenso da ratio, circunstancial, xa que nestes intres baixou o número de menores con medidas. Non ao concurso específico. Non apertura de postos sen reciprocidade.

CIG, CCOO e UGT votamos en contra. CSIF abstívose.

Creación e Estatutos do Instituto Galego de Consumo e Competencia (IGCC)

O Secretario Xeral da consellería comprometérase a entregar a documentación necesaria reclamada pola CIG na Mesa Xeral. O Secretario Xeral incumpriu a súa palabra, pois non nos remitiron nada. 

A CIG vota en contra. CCOO e CSIF abstivéronse. UGT votou a favor.

Recoñecemento do servizo militar a efectos de trienios para persoal laboral

A CIG presentara conflito colectivo pola negativa de aplicar este recoñecemento que xa estaba pactado no V Convenio. Gañámolo, e apoiamos este acordo por ser positivo para o persoal laboral.

Reclamamos a súa extensión tamén ao persoal funcionario, pois coa actual lexislación a estes só se lles recoñece o tempo de servizo militar se o realizaron sendo xa empregado público, non computándose o tempo de servizo anterior á condición de funcionario. O Director de Función Pública fai a observación de que esa extensión non é posíbel coa actual lexislación, existindo implicacións en normas básicas do estado.

CIG, CCOO, CSIF e UGT votan a favor.

RPT de Economía, Emprego e Industria

Crean dous postos, abertos a outras administración. A CIG non pode apoiar esto sen existir un acordo de reciprocidade.

CIG, CCOO, CSIF e UGT votamos en contra.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...