Novas por contido

Rogelio MartínezNestes últimos días a Xunta de Galiza ven de comunicar ás/aos traballadoras/es da Residencia do Maior do Carballiño o seu traslado forzoso á Residencia de Cabeza de Vaca de Ourense nunha decisión unilateral por parte da Administración que vulnera o establecido no V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza.
A CIG-Autonómica xa propuxera que o traslado da residencia do Carballiño se fixera habilitando una ala na Residencia do Tempo Libre da mesma localidade e isto non era unha decisión caprichosa senón respectuosa primeiro coa lexislación vixente xa que evita problemas ás/aos traballadoras/es e despois, a máis importante, evita a situación de desarraigo das e dos residentes que agora mesmo están na residencia do Carballiño.

O V Convenio obriga a facer un período de consultas cas/os representantes legais das/os traballadoras/es previamente á comunicación aos mesmos. Así, a negociación debera versar sobre as causas motivadoras da decisión e a posibilidade de evitar ou reducir os seus efectos, así como as medidas necesarias para atenuar as súas consecuencias para as/os traballadoras/es afectadas/os.

Deste xeito, debérase ter producido unha negociación de boa fe con vistas á consecución dun acordo que requirira a conformidade da maioría dos membros do Comité de Empresa e, despois disto, notificarllo ás/ós traballadoras/es. Todo isto está recollido no artigo 43º do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza.

Pero todo o anterior dalle igual ao supercomisario político Rogelio Martínez que exerceu de caciquillo e dictadorzuelo na Xunta de Galiza ao modo ao que estaba acostumado a realizar os seus chanchullos no Concello de Arnoia.
Nesa liña, a principios desta semana, aproveitándose das datas de Nadal e con nocturnidade e alevosía, o aprendiz de ditador Rogelio Martínez tivo unha xuntanza cas/os traballadoras/es do Carballiño onde lles dixo que a decisión xa estaba tomada e que non lle quedaba máis opción que aceptala. Cuestión que foi reprendida polos representantes da CIG que lle dixeron que cando ía empezar a negociar en lugar de impoñer.

Dende a CIG-Autonómica non estamos dispostos a admitir estes regalos de Nadal envenenados aos que nos acostuma este persoeiro nin a permitir irregularidades e cremos firmemente que a Xunta de Galiza non debe ser ningún cortijo e que aquí as normas deben que respectarse. Anunciamos, logo, que estudiaremos todas as posibilidades xurídicas e legais para exercelas no caso de que non se paralicen inmediatamente as formas dictatoriais e se volva á legalidade vixente que nunca debeu ser abandonada.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...