Novas por contido

A CIG presenta no Parlamento Galego proposta non de lei para o incremento do tempo de traballo do persoal fixo descontinuo de tres meses.

O luns 30 de xaneiro, a CIG rexistrou no Parlamento galego unha proposición non de lei (PNL) dirixída aos catro grupos parlamentares de cara a conquerir unha importante mellora para os traballadores e traballadoras fixos descontinuos de tres meses do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural.

A CIG, mediante esta proposta require dos partidos políticos para instar á Xunta de Galiza, á mellora da duración contractual do persoal laboral fixo descontinuo de tres meses, persoal que unicamente é contratado para o reforzo do verán (meses de xullo, agosto e setembro), ampliando o tempo de traballo ata acadar os nove meses, equiparándoos deste xeito ao resto de persoal fixo descontinuo existente no propio SPDCIF.

A CIG entende que un servizo público tan asentado xeograficamente como é o SPDCIF, e recoñecido coma un dos máis efectivos no territorio estatal precisa que o seu persoal propio manteña unhas condicións dignas de traballo, tanto sociais, económicas coma laborais, para o que é perfectamente asumíbel pola propia Administración Autonómica un incremento orzamentario baseado na extensión do tempo de traballo do persoal de tres meses, conquerindo desta maneira un alto rendemento nas súas prestacións dentro do servizo.

A CIG considera imprescindíbel fortalecer as condicións laborais do persoal do SPDCIF en base as novas competencias que nos outorga a actual lei 17/2015, do 9 de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil, normativa pola que o propio SPDCIF da Xunta de Galicia incorpórase de pleno ao servizo de emerxencias, polo que deixa de ter sentido unha temporalidade específica como é a contratación do persoal de tres meses, coincidentes co alto risco de incendios forestais, xa que as emerxencias de lumes se poden producir en calquer momento do ano, e para cubrir todos os días precisaríase máis persoal, atopándonos en numerosas ocasións co propio SPDCIF que tan boa imaxe ten fóra das nosas fronteiras con quendas descubertas. Non podemos obviar tamén, da aparición dun novo tipo de incendio forestal, coma é o lume de interface, para o que é necesario potenciar o propio SPDCIF, dado as maiores esixencias e afrentas as que se expón o propio servizo.

A CIG considera imprenscindíbel e determinante rachar dunha vez por todas coa precariedade laboral insostíbel que está a sufrir o persoal laboral fixo descontinuo de tres meses do SPDCIF, rechazando polo tanto a política da Xunta de Galiza de fomentar o emprego precario que leva consolidada dende o ano 2012 na Consellería do Medio Rural, mediante a contratación de persoal por un tempo máximo de tres meses, máis aínda, cando dispón de fondos públicos para a contratación de empresas privadas para traballos de prevención e extinción de incendios forestais.

Ademáis da proposta de PNL presentada no propio Parlamento, requirimos xuntanza cos grupos parlamentares, co obxectivo de expor a nosa argumentación para conquerir unha resolución favórabel, no órgano parlamentario correspondente, aos intereses dos traballadores e traballadoras do SPDCIF da Xunta de Galicia, baseada no incremento da prestación laboral do persoal de tres meses, aumento tan preciso para as súas economías coma para o propio SPDCIF.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...