Novas por contido

Dende hai uns días xa están nos taboleiros de anuncios os censos provisionais do persoal funcionario que poderá exercer o voto nas vindeiras eleccións do 11 de Abril.

Facemos un chamamento a que revises os teus datos e xa adiantar que hai problemas cos departamentos que van votar na mesa itinerante (mal recollidas por exemplo o persoal de Cultura do Gaias).

Podes enviarnos as túas alegacións tanto fisicamente ao local sindical como ao enderezo cig.sscc@gmail.com; temos de prazo ata o 28 deste mes; ou dilixencialas persoalmente ante función pública.

A nivel provisional temos esta organización de mesas:

MESA 1 (SAN CAETANO)

Consellerías de Presidencia e Vicepresidencia; DX de Exteriores; DX de relacións institucionais e Emigración.
MESA 2 (SAN CAETANO) Consellería de Facenda e ATRIGA
MESA 3 (SAN CAETANO) Consellería de Infraestruturas; Consellería de Economía, Augas, AXI , GAIN, Consello galego de RRLL
MESA 4 (SAN CAETANO) Consellerías de Cultura, Educación (menos o Gaias)
MESA 5 (SAN CAETANO) Consellerías de Medio Rural e Mar nos seus SSCC; AGACAL, Gardacostas.
MESA 6 (SAN CAETANO) Conselleria de Política Social
MESA 7 (SAN LÁZARO) Consellería de Sanidade; IGE; ISSGA, e a DX de Acuicultura (Mar)
MESA 8 (SAN LÁZARO) Emprego, Igualdade, Xurado de expropiación, Consellería de Medio Ambiente; Xuventude, XERA, Montes.
MESA 9 (FONTIÑAS) EGAP, Deporte, Xustiza, Adm. Local, DX Emerxencias, IGG (Consumo), IGVS, Tribunal Admtvo. de contratación, e as dependencias de Área Central (MR-Industrias e calidade alimentaria e Mobilidade-Inspección do transporte.
MESA 10 (ITINERANTE) Academia Galega de seguridade (A Estrada)- AGATUR (A Barcia)- Cultura e Amtega (Cidade da Cultura) e MR-FOGGA, Mar-Desenvolvemento Pesqueiro e APLU (Salgueiriños). Tamén aquí se incluirá todo o persoal destes departamentos que traballen efectivamente no edificio de San Caetano.

tamén a Administración aceptou un bus lanzadeira que percorrerá as zonas do centro: Sar, zona histórica, Conxo para traer ao persoal a votar ás mesas correspondentes de San Caetano. Xa informaremos con máis detalle.