Novas por contido

Para as eleccións sindicais de delegados/as para a Xunta de Persoal Funcionario na provincia de Ourense, previstas para o vindeiro 11 de abril, non se prevén mesas de votación nin fixas nin itinerantes fora da cidade de Ourense, deixando por exemplo a Viana, O Barco de Valdeorras, Verín, Bande ou o Carballiño sen sequera unha mesa. Dende a CIG-Administración Autonómica de Ourense denunciamos que máis de 1.400 funcionarios e funcionarias repartidos en mais de 150 centros de traballo na provincia, terían que desprazarse á cidade de Ourense para poder exercer o seu dereito a elixir a seus representantes sindicais.

Non ten os mesmos dereitos unha compañeira do Barco de Valdeorras que de Ourense? Imaxinas que o persoal de Santiago tivese que ir votar á Coruña?

Estas son as distancias, só de viaxe de ida, segundo Google Maps, sen autovía ou estrada rapida, so de viaxe de ida. Non incluímos nin tempos nin quilómetros de entrada á cidade, nin gastos de aparcamento:

De Viana a Ourense 123 km 1h 18 min
De Verín a Ourense 68 km 49 min
De Bande a Ourense 42 km 35 min
Do Barco de Valdeorras a Ourense 115 km 1h 30 min
Do Carballiño a Ourense 30 km 28 min
Por comparar: da Coruña a Compostela 71 km 1h 13 min


Calquera empresa que teña centros espallados pola provincia aporta ao menos un medio de transporte con furna (mesas itinerantes), para facilitar o voto das súas traballadoras e traballadores.

Así mesmo, nos procesos electorais de persoal funcionario da Xunta de Galiza, tanto en Servizos Centrais en Santiago de Compostela, como nas Xuntas de Persoal de Lugo, Pontevedra e Coruña, teñen mesas repartidas polos centros mais grandes e mesas itinerantes, facilitando, deste xeito, a participación do persoal empregado público.

Se a CSIF, UGT e CCOO continuan coa sua pretensión na nosa provincia será a única de Galiza onde non hai mesas itinerantes nin fixas nas grandes localidades, limitando gravemente o dereito fundamental dos empregados públicos na elección dos seus representantes lexítimos.

Por iso consideramos que estamos ante un atropelo e unha práctica absolutamente antidemocrática, impulsada polas organizacións sindicais CSIF, CCOO e UGT, en conivencia coa Xunta de Galicia do PP que define un autentico desprezo ao traballadores espallados polos centros da provincia.

Mira aqui a distribución provisional de mesas no resto das Xuntas de Persoal:

  • A CORUÑA (12 mesas)
    • A Coruña (Edificio administrativo): 5
    • A Coruña (Facenda): 1
    • A Coruña (Sanidade): 1
    • A Coruña (Política Social): 1
    • Ferrol (Edificio administrativo): 1
    • Santiago: 1
    • Carballo: 1
    • Noia: 1
  • PONTEVEDRA (9 mesas)
    • Mesas fixas (6)
      • Pontevedra (Edificio administrativo): 2
      • Vigo (Edificio administrativo): 1
      • Vigo (Instituto Santa Irene): 1
      • O Porriño: 1
      • Redondela: 1
    • Mesas itinerantes (3)
      • Cangas / Ponteareas
      • Lalín / A Estrada
      • Vilagarcía / Cambados
  • LUGO (5 mesas)
    • Lugo: 2
    • Monforte: 1
    • Ribadeo: 1
    • Viveiro: 1
  • SERVIZOS CENTRAIS (10 mesas)
    • Mesas fixas (9)
      • Presidencia: 1
      • Facenda: 1
      • Infraestruturas, Economía e Augas: 1
      • Educación e Cultura: 1
      • Medio Rural, Mar e Gardacostas: 1
      • Política Social: 1
      • Sanidade, Estatística e Isga: 1
      • Emprego, Igualdade e Montes: 1
      • Fontiñas (Egap, Deporte, Xustiza, IGVS, Emerxencias e Consumo): 1
    • Mesas itinerantes: 1
      • Axencia Galega De Seguridade / Axencia de Turismo / Amtega / Salgueiriños / Gaias

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...