Novas por contido

A Consellería de Sanidade convocou á Xunta de Persoal e ós/ás delegadas de persoal na provincia de Pontevedra para explicar o proxecto de eliminación das liñas de traballo destes laboratorios provinciais, agás o de Lugo.

A xusfiticación desta "reorganización" baeana en que están tendo pouca carga de traballo nos distintos laboratorios o que pode desenvocar en xente sin actividade.  Propoñen que quede Lugo como laboratorio de referencia levando a xestión dos catro de Galicia. Manteríase a mobilidade funcional dentro da mesma xefatura, con reorganización do traballo, que se plasmará nun modelo de proposta en SETEMBRO. A readscrición do persoal será de xeito voluntario entre provincias e laboratorios sen que iso represente amortización de prazas.

Insistiron na facilidade no cambio de funcións do persoal funcionario, pero na complicación de modificar as funcións do persoal laboral. A proposta de como quedarán os postos de traballo presentarana en OUTUBRO, mes no que volverán a facer un avance ás organizacións sindicais por provincias. Por último indicaron que ofertarán as distintas opcións ao persoal traballador 1 a 1.

Desde a CIG-Autonómica manifestamos o noso malestar polo xeito en que se están facendo estas reunións, dado que non hai unha proposta concreta sobre a que traballar. Deixamos claro que esta negociación, ao incluir persoal funcionario e laboral, debe pasar pola comisión de persoal, o comité intercentros e a mesa xeral. Deben ter en conta, a maiores, a coincidencia temporal cos restantes procesos abertos: concurso de traslados, consolidación, etc.

Aínda que durante toda a reunión comentaron a súa intención de non amortizar prazas, ante a nosa insistencia acabaron decindo que “ELES” non ían amortizar ningunha, dando a entendera que ao longo do proceso negociador o que informen tanto Función Pública como Orzamentos non é responsabilidade da Consellaría de Sanidade.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...