Novas por contido

A CIG denuncia a actitude do goberno galego ante a vaga de incendios forestais que están a acabar cos nosos montes.

Un ano máis, e visto o panorama co que nos atopamos, podemos pronosticar un verán moi cru cos incendios forestais. Vimos de dúas semanas, e aínda non rematou, con centos e centos de hectáreas queimadas, tanto de arbolado como de monte de matogueira e, dende a Consellaria do Medio Rural, na persoa do conselleiro Samuel Juárez, están a trasmitir á sociedade galega que todo está controlado e que todo vai polo bó camiño.

Dende a CIG queremos denunciar a actitude que está a manter Medio Rural mentindo claramente aos galegos e galegas sobor dos datos que están a facer públicos día tras día.

No referente aos medios humáns, confirmamos que para a campaña do verán contratarán menos persoal de extinción de incendios forestais con relación ao ano 2010; os datos están enriba da mesa nos Pladiga 2011 con relación ao do 2010. Existe disminución en persoal nas contratacións a través da empresa pública SEAGA nas categorías de Xefe de brigada helitransportada, Peón conductor, Peón de brigada. En relación aos medios propios dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) fixeron os chamamentos polas listas oficiais existentes no momento no que o país estaba ardendo polos catro cantos, ficando sen cubrir 54 postos de traballo na categoria de Conductor motobomba (Ourense, 34; Lugo, 3 e Pontevedra, 17). Sobor destas prazas vacantes non teñen coñecemento de cando poderán ser cubertas, atopándonos con máis baixas no operativo. O persoal contratado para o Pladiga 2011 comenzará a traballar nos días 1,  7, 11, 15, 18, 20, polo que o operativo non estará ao completo ata finais do mes de xullo, aínda que o conselleiro Juárez confirmou días atrás que para o día 1 de Xullo todo o persoal estaría contratado. Convidamos ao Sr. Conselleiro a que antes de facer declaracións contraste os datos dos que dispón cos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

Para a CIG un servizo público de emerxencia coma o SPDCIF non pode permitirse o luxo de contratar persoal a partires do 20 de xullo cando a campaña do verán comeza oficialmente o día 1. Entendemos que houbo unha falta de previsión por parte de Medio Rural, tanto na planificación das contratacións coma no comezo da época de alto risco de incendios forestais, estando o país galego ardendo dende fai 10 días, tendo Medio Rural a posibilidade de anticipar o inicio da campaña. Dende a CIG solicitámoslle a Medio Rural a necesidade urxente de incrementar os medios humáns para salvagardar a riqueza dos nosos montes, os incendios non se apagan únicamente con medios aéreos.

Por outra banda, e seguindo cos medios humáns, queremos denunciar igualmente a escasa presenza de persoal nos medios propios de Medio Rural. Atopámonos con cuadrillas con dous operarios, sin xefe de cuadrilla e existindo prazas vacantes que non se cubren polo procedemento habitual (listas de contratación). Noutras categorías coma Vixiante fixo e Conductor motobomba tamén hai baixas que non son cubertas, polo que fan que o operativo tanto en baixo coma en alto risco perda eficacia, estando obrigados dende a consellaría a solicitar auxilio ao Estado coa intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME). A presencia dos militares nos nosos montes débese a incompetencia da Conselleria do Medio Rural na persoa de Samuel Juárez por non ser quen de artellar un operativo en tempo e forma.

Mando único no operativo de incendios forestais. Dende a CIG esixímoslle aos responsábeis de Medio Rural que de unha vez por todas tomen medidas co mando único no operativo, dado que está a haber dificultades de entendemento entre o persoal propio de Medio Rural e o de SEAGA. Dende a CIG solicitámoslle ao goberno do Sr. Feijoó que a problemática existente co mando único resolveríase coas contratacións temporais para o Pladiga se fisexen polas listas oficais da Xunta de Galiza, dacordo co recollido no programa político do PP de cara as eleccións autonómicas de fai dous anos; agora o persoal que contrata SEAGA para o Pladiga ó fai nunhas condicións económicas e laborais miserábeis, por contra, si utilizasen as lista oficais da Xunta, o mesmo persoal contratado en SEAGA manteríase no operativo pero como persoal propio da Xunta de Galiza, cuestión que non lle interesa á administración dado que se aforran moitos miles de euros.

Para rematar, dicer que dende a CIG solicitámoslle ao goberno galego que faga unha política forestal encamiñada a salvagardar a riqueza que temos nos nosos montes. Entendemos que o goberno galego, goberne quén goberne, non se pode permitir o luxo de poñer enriba da mesa 100 millóns de euros cada ano para a campaña de máximo risco, diñeiro que sae de todos os galegos. A política forestal terá que comenzar con concienciar a sociedade, ao pobo galego, da riqueza coa que contamos (poderíamos poñer exemplos coma Navarra ou País Vasco). Para elo teríamos que darlle valor ao noso monte e aí xogarían un papel moi importante as comunidades de montes en mán común, pero non enchéndolle os bolsillos de diñeiro público tal e como fixo o goberno do Sr. Feijoó, senón facendo unha política de colaboración con elas, do mesmo xeito que cos concellos galegos, independentemente do goberno deste.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...