Novas por contido

Hoxe día 20 de outubro os delegados de prevención da CIG do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza tivemos unha xuntanza coa xefa de sección de Prevención de Riscos Laborais de Ourense para expoñerlle os seguintes problemas:

  • Instalacións inadecuadas no centro onde se realizan os recoñecementos médicos
  • Os recoñecementos médicos se están a realizar en dous días distintos cos inconvintes de ter que acudir dúas xornadas o que antes se realizaba nun so día.
  • Petición de xuntanza do comité de prevención do edificio administrativo de Ourense. Leva moitísimo tempo sen reunirse e non o están a convocar a pesar das numerosas obras que se levan realizado e se están a realizar nel.


Prevención de Riscos comprometeuse a facer as xestións necesarias para que os problemas sexan corrixidos.
Permaneceremos atentos e alerta para comprobar se se producen avances nestes asuntos.

Outras novas recentes

Martes, 07 Mai 2024

Convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

Recibimos unha comunicación da Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (antiga DXFP), na que confirman que o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpos xerais), será publicado no DOG do mércores 15 de maio. O prazo para a presentación de solicitudes de...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...