Novas por contido

Seguindo coa súa política manipuladora Medio Rural fai un comunicado na súa páxina web xusto cando os Axentes Forestais da Galiza estamos a ter unha asemblea multitudinaria en San Caetano. Do comunicado cheo de trolas e manipulación  temos que denunciar:

  • Non hai “diálogo aberto”, razón pola que as Organizacións Sindicais solicitamos de xeito conxunto, unha vez máis, a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Acordo e tivemos unha asemblea de Axentes Forestais o venres 4 cunha grande afluencia.
  • O mércores, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, veu a Ourense a unha presentación na Universidade ,e logo de paso, foi a tomar uns pinchos e para acompañalo avisaron os/as xefes/as de Distrito así como algún Axente Territorial de Conservación da Natureza. Non houbo ningunha xuntanza cos traballadores axentes forestais que participaron na vaga de lumes de outubro (razón pola que supostamente se fixo o convite) nin dos seus representantes legais en Ourense, ao contrario do que se afirma na páxina web.
  • Sobre a valoración, que se fixo neses pinchos, das causas da elevada actividade incendiaria, non había ningún axente do SPDCIF nin das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) para facer dita análise.
  • No apartado onde Medio Rural resposta supostas demandas laborais dos axentes, temos que dicir que non son ás prioritarias e reflectidas nos escritos presentados polas organizacións sindicais representativas. Ademais continúase con trolas no comunicado como que “tódolos axentes teñen número de identificación” cando hai máis de 100 axentes que a día de hoxe teñen que por os seus datos persoais para facer unha denuncia.
  • Outra cuestión que plantexa Medio Rural son as compensacións polos servizos extraordinarios, do 18 ao 24 de outubro. Nós non pedimos esmola ningunha, traballase arreo e na dirección de extinción de incendios o exceso horario non foi so neses días...A prioridade dos traballadores é a dignificación laboral dos axentes forestais e axentes facultativos ambientais, incluído o desfase salarial que fai que os axentes da Galiza sexan os peor valorados do estado español e os que teñen maior responsabilidade e funcións.

Aclarámoslle tamén, ao Conselleiro e demais directores, unha vez máis, cales son as denuncias e demandas dos seus axentes forestais e facultativos ambientais, ratificadas na Asemblea do venres 4 de novembro:Redacción de Novo Acordo de Condicións de Traballo dos Axentes Forestais e Axentes Facultativos Ambientais.

  1. Cobertura urxente das vacantes e permisos e baixas de longa duración (esta sen cubrir ata o 30% plantilla).
  2. Remate dos procesos selectivos pendentes así como convocatoria dos novos, integración no C1 e convocatoria do novo proceso selectivo previsto na OPE 2009.
  3. Medios materiais, credenciais, protocolos de prevención, seguridade e salvamento, protocolos de traballo.  Regulamento da escala de Axentes Facultativos Ambientais.
  4. Cuestións pendentes coma a dos axentes adscritos ao Servizo de Conservación e a súa asignación ilegal a incendios así como falta de material e vestiario e conflictos competenciais con outro persoal. Volver a montar e dar o seu valor as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais.

COA CIG NA LOITA EN DEFENSA DO MANTEMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS!

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...