Novas por contido

Dous días após das eleccións, os "privilexiados" empregados públicos voltamos a estar no ollo da tormenta: CiU anuncia un recorte de salarios aos empregados públicos da Generalitat nos orzamentos autonómicos de 2012.

Artur Mas aínda non concretou a magnitude desta nova redución salarial, limitándose a asegurar que, se o novo Goberno de Rajoy aplicar unha medida similar, o recorte da Generalitat ao seu persoal ficaría subsumido.

“[...] teremos que prantexar unha redución dos ingresos dos empregados públicos da Generalitat, é un sacrificio e un esforzo que teremos que pedir". Sen concretar a magnitude da redución, Artur Mas sinalou que, no caso que “o novo goberno do Estado aplicar una medida similar, a da Generalitat ficaría subsumida e non sería duplicada”.


Fontes: Avui, La Voz de Galicia


Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...