Novas por contido

Albert Einstein definiu a tolemia como “repetir o mesmo acto unha e  outra vez esperando resultados diferentes”. Pois ben, a Xunta de Galiza acaba de anunciar a construción dunha incineradora no Irixo para repetir o fracasado modelo que Sogama implantou en Cerceda.

Na planta de Sogama en Cerceda que se trata de replicar no Irixo máis da metade do lixo vai directamente ao vertedoiro e se incinera outro 42% conseguindo soamente unha porcentaxe de reciclaxe do 6,8%.

Ao problema medioambiental evidente que provoca o soterramento de residuos e a incineración dos mesmos hai que engadir os posíbeis problemas de saúde que ocasionan eses métodos. Valga como exemplo o dato de que na planta xemelga se levan soterradas máis de 15.000 toneladas de medicamentos procedentes do SIGRE.

A planta do Irixo tratará unhas 300.000 toneladas de lixo que procederán de fora da provincia (hai fontes que falan que incluso tratarán residuos de fóra de Galiza). Segundo o modelo proposto unhas 150.000 toneladas acumularanse no vertedoiro do Irixo e outras 130.000 incineraranse.

Todo isto soamente se agravará no futuro xa que a propia Xunta de Galiza prevé pasar das 900.000 toneladas de lixo que se xeran agora no país a uns 2.000.000 de toneladas no ano 2017 segundo se recolle no Plano de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de Galicia.

Todo este despropósito vai custar 230 millóns de euros e a planta foi adxudicada a dedo a unha empresa que acadou, recentemente, unha adxudicación eólica de 186 Megavatios. O seu nome: Estela Eólica, unha empresa creada no mes de agosto do ano 2007.

A cidadanía debe coñecer que hai alternativas a este tipo de plantas como a que existe na Mancomunidade do Barbanza que consegue recuperar e reciclar o 69% dos residuos que recibe grazas a técnicas de reciclaxe e compostaxe. Moito menos invasivo, con menos impacto medioambiental e con menores riscos para a saúde.

Para que nos traguemos este sapo o Partido Popular esgrime o estandarte do emprego que vai crear a incineradora e fala de 250 postos de traballo que creará a planta do Irixo. A demagoxia e a falla de escrúpulos ao utilizar o populismo barato nun contexto no que máis do 20% da poboación do estado está no paro soamente é equiparábel á manipulación dos datos e á ocultación á cidadanía de que outras alternativas xerarían moitos máis postos de traballo.
Explicámonos: Se a planta do Irixo vai ter 250 postos de traballo e baseándonos no ratio de traballadores nas cadeas de reciclaxe que ten Sogama en Cerceda (2/5 partes aproximadamente) podemos calcular que haberá unhas 100 persoas traballando na cadea de reciclaxe. Visto que unha planta deste tipo samente recicla o 6,8% do que recibe. Imaxinemos o emprego que se crearía si se incrementara a porcentaxe de reciclaxe a cifras significativas.
Fagamos o cálculo. Si se reciclara tan so o 50% do que recibe a planta serían precisas 700 persoas na cadea de reciclaxe co cal o volume de postos xenerados pasaría dos 250 que din que vai crear esa planta a 850 novos postos de traballo. Se reciclara o 68% do que recibe crearíanse
1150 postos de traballo. Máis limpo, máis seguro e con máis emprego. Por qué non é este o modelo que defende o Partido Popular?

Esta é unha nova demostración da discriminación que sofre a provincia de Ourense por parte da Xunta de Galicia. O que ningúen quere por ser destructivo para o medio ambiente e por afectar a saúde das persoas  implantase  na zona máis marxinada da Galiza que sofrira graves consecuencias económicas e de saúde no futuro.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 29 Abril 2024

A xestión de persoal do Consorcio: desatención e desleixo

A CIG denunciou diante da autoridade laboral ao Consorcio por non atender ás necesidades do seu persoal para corrixir a situación de risco laboral. Os riscos psicosociais que sofre o cadro de persoal do Consorcio tanto nos servizos centrais coma nos periféricos son moi elevados. Dos items analizados, dous deles están intimamente relacionados coa falta de resposta e...
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...