Novas por contido

En defensa do público, en defensa do noso traballo e dos nosos salarios

Concentración diante da EGAP

Martes 15 de outubro, Ás 13:00

Coincidindo coa Mesa Xeral de Empregad@s Públic@s onde se presentará a masa salarial para o capítulo I. Só achegaron convocatoria,  non documentación pero prevese conxelación e novo recorte nas extras, ademais de continuar coas amortizacións. Porén, nada avanzan publicamente do que privatizan e derivan, cada día máis, cara a empresa privada a través do capítulo VI. E xa sabedes o que hai detrás das privatizacións: maior explotación laboral, peores servizos para a cidadanía e máis beneficio para os accionistas.

Preguntámonos tamén se Feijóo emulará ao seu colega Rajoy e, dado que se ve a luz ao final do tunel, comece por aumentar... os soldos do persoal de confianza.

Colabora: Recollida de sinaturas en defensa dos Servizos Públicos

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Domingo, 22 Novembro 2026

Modificación da RPT de Emprego

O venres 13 e xoves 19 tivemos dúas reunións coa Consellería de Emprego para abordar a modificación da RPT. A consellería retoma, despois de máis dun ano e medio e de retirar case 200 postos do concurso de traslados de corpos xerais, a modificación da RPT, especialmente relevante para as oficinas de emprego. A modificación farase ao amparo dun plan de reasignación de...