Dereitos, deberes, permisos, excedencias..

Dende o pasado un de xaneiro a Xunta de Galiza paralizou o pago dos complementos ao persoal de MUFACE a partir do día 91 de baixa.

A CIG dende a Xunta de Persoal de Servizos Centrais, leva dende hai tempo intentando solucionar este problema que afecta a un numeroso grupo de traballadores/as tanto da área da Administración autonómica como da Área de Educación.

Así despois de varios contactos coa Secretaría Xeral do Patrimonio e coa Asesoría Xurídica Xeral temos boas novas:

• A partires de agora a Xunta comprométese a abonar os complementos compensatorios a partir do día 91 de baixa co pago do 100% dos salarios.

• Amáis vai facer efectivo de oficio (non vai ser necesario solicitalo) do pago retroactivo de todos os complementos non abonados do ano 2018.

Temos que esperar a aprobación oficial na vindeira Comisión de nóminas deste acordo, pero contamos xa co compromiso da Administración.

Esto nos refrenda na nosa idea de sindicato que pon enriba da mesa os problemas, pelexa por eles e da solucións.