Inicio
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF.

Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación.

E a todo isto, por se fora pouco, comentáronse novas cuestións que deixan constancia de que a estas alturas xa ninguén ten certeza de que as promesas ...


Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria.

Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a Consellería do Medio Rural tan só 15 forman parte da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO). Esta unidade foi ...


Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de:

- Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.


Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de selección.

A AGASP vén de convocar a actividade formativa “Análise de incendios forestais”, de 120 horas e 40 prazas, ...


Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa. 

O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos, dado que afecta á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a ...


Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que ...


Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas.

Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de competencia da comunidade galega e non afondan en dar solucións aos principais problemas deste persoal que sí son cuestións de ...


Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza.

O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese dereito íase manter parar o persoal laboral funcionarizado da citada consellería pero na práctica foille retirado. É ...


Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada.

A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Agora, vimos de denunciar perante a Valedora do Pobo a conculcación, na práctica, ...


Mércores, 03 Abril 2024

A CIG solicita que o grao en Educación Social sexa a única titulación habilitante para exercer como educador/a social

A CIG presenta unha proposta para que se modifique a Lei de Emprego Público de Galiza de tal xeito que o grao en Educación Social sexa a titulación especializada única que habilite para o exercicio da profesión de Educador/a Social

A CIG vén de presentar perante a Dirección Xeral da Función Pública e ante as Secretarías Xerais Técnicas das consellerías onde está presente a figura dos/as Educadores/as Sociais (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ...


Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


A responsábel do sector de Autonómica da CIG-Administración lembra que a central elaborou un informe en maio do ano pasado no que se recollían as numerosas deficiencias detectadas en materia de seguridade e saúde laboral no parque de xestión pública. O documento foille trasladado á Xunta, “que non fixo nada por subsanar estes problemas, polo que en xullo optamos por presentar unha denuncia na Inspección de Traballo”.

Nela, a CIG poñía en coñecemento da autoridade laboral cuestións tan importantes como o feito de que este parque non dispón -“ou cando menos non se coñece da súa existencia”- dun Plano de Emerxencias e Evacuación.

E iso a pesar de que no seu territorio traballa un importante número de persoas e de que acolle visitas públicas organizadas, actividades infantís relacionadas coa natureza, campamentos e unha gran cantidade de accións nas que participan persoas de todas as idades.

Tamén se poñía de manifesto que o persoal asignado ao parque non recibira información nin protocolo algún das medidas que se deben adoptar no caso de ter que evacuar a unha persoa accidentada ou que necesite atención médica urxente. Neste punto incidíase en que a restrición de uso de vehículos a motor complica máis a posíbel resposta dun persoal carente de información e formación en materia de emerxencias.

A isto hai que sumar que dende o denominado “apagón analóxico” que se produciu a finais de 2016 “as preto de 6000 hectáreas do parque están absolutamente incomunicadas, xa que os teléfonos móbiles que a Xunta lle facilita ao persoal non teñen cobertura en ningún punto”.

Sen resposta da autoridade laboral

Outras cuestións que a central puxo enriba da mesa foron que a maquinaria que se usa para a conservación e mantemento (motoserras, desbrozadoras, etc.) non respecta as medidas de seguridade que fixa a normativa e teñen máis de 15 anos de uso; que o persoal carece dos equipos de protección axeitados (EPI) axeitados para desenvolver o seu labor; a falta de botiquíns de primeiros auxilios; e a situación de illamento do parque, xa que se atopa a máis dunha hora do centro medico máis próximo.

Tras a denuncia a Inspección remitiulle un requerimento á Xunta, a través da xefatura territorial de Medio Ambiente, para que correxise as deficiencias detectadas, instándoa a elaborar un plan de emerxencia e evacuación, formar e informar o persoal sobre os riscos existentes, subministrarlles equipos de traballo adecuados e dotar o parque dun sistema de comunicación eficaz. “O prazo indicado neste requirimento é de catro meses, pero a día de hoxe non temos resposta da autoridade laboral sobre a comprobación dos feitos do requirimento”.

Incendio no Invernadeiro

Dende a CIG sinalan que a Consellería de Medio Ambiente conta cun documento de avaliación de riscos laborais para o persoal de campo do Servizo de Conservación da Natureza, do ano 2015, no que se recollen as medidas correctoras xerais e de ámbito galego que se deben implementar para reducir ou minimizar os riscos aos que están expostos/as os traballadores/as. E inciden en que neste plan xa se fai referencia á necesidade da dotar o persoal de EPI axeitados e de contar con equipos válidos para a comunicación, así como dunha centraliña de avisos que a coordine.

“Mais actualmente nin os traballadores/as nin a representación sindical coñecemos a avaliación de riscos específica, do ano 2017, nin o plan de acción do Parque Natural do Invernadoiro”, sostén Burgos. 

Por falta de cobertura e porque as emisoras da Consellaría non están configuradas co sistema Tetra do distrito, unha operación que leva segundos demorouse case media hora

Neste senso, denuncia que a falta de aplicación das medidas de prevención de riscos, de seguridade e de coordinación que a CIG leva reclamando dende hai anos quedaron perfectamente constatadas no incendio forestal declarado no parque este mércores 22, xa que cando se produce o lume só hai un capataz de establecemento, un capataz de brigada e un peón, “pero ningún axente forestal ou axente facultativo medioambiental”. Ademais, ningún dos traballadores/as presentes teñen a condición de axente da autoridade, “e iso que hai dous anos se amortizou unha praza de axente no parque”.

Cando os traballadores/as chaman ao 085 para avisar en canto detectan o lume, contéstanlles que xa están sobre aviso e que o incendio é en Chandrexa de Queixa. “Entón buscan cobertura e conseguen chamar o axente que está destinado no parque (que está en día de descanso) e coméntanlle o que esta a pasar”.

A continuación o axente chama ao distrito e avisa de que o lume está dentro do parque. “Pero por falta de cobertura e porque as emisoras da Consellaría non están configuradas co sistema Tetra do distrito, unha operación que leva segundos demorouse case media hora”. Diante disto, a CIG tamén rexistrou hoxe unha petición diante de Medio Ambiente para que se proceda a solucionar as deficiencias no actual sistema de comunicación, que cualifica de “capado, inoperativo e temerario”.

Sen equipos de protección

Outra das irregularidades denunciadas ten que ver con que o persoal que se atopa no parque non conta co equipo de protección necesario, tal e como se pode apreciar na imaxe que acompaña esta información e que foi tomada durante o incendio.

Ao incendio desprázanse voluntariamente dous axentes da Consellaría de Medio Ambiente destinados no distrito XIV e outros dous de Ourense, todos sen EPI de lumes e con emisoras Tetra que non teñen gravadas as canles de extinción do distrito nin as de incendios, así que estas emisoras só lles serven para comunicarse entre eles, pero non co resto dos traballadores/as de extinción”, censura.

Ao mesmo tempo, as emisoras Tetra da Consellaría son de nova adquisición e non teñen gravadas as canles de incendios nin teñen unha centraliña coa que comunicarse en caso de emerxencia, sendo estas outras das reclamacións a Medio Ambiente que figuran no escrito da CIG. E persoal ao que se lles entregou non foi formado para a súa utilización.

Finalmente, critica que non exista un protocolo de actuación de incendios dentro do parque mediante o que se coordinen as Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente, “o que supón un perigo engadido para os traballadores/as que participan na extinción”. De feito, na extinción do lume no Invernadeiro resultaron feridos dous bombeiros forestais.