Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120501.Ferrol.1.jpg
  • 20120501.Pontevedra.2.jpg
  • 20120501.Pontevedra.1.jpg
  • 20121114.vigo.3.jpg
  • 20120501.lugo.1.jpg
Luns, 19 Agosto 2019

Deixen de empregar os servizos públicos "para chantaxes políticas"

Esiximos que se garanta o pago de soldos e carreira profesional a todo o persoal da Xunta

Ante as declaracións do conselleiro de Facenda nas que alertaba de supostas dificultades para afrontar o pago dos salarios persoal da administración xeral da Xunta derivadas da débeda estatal con Galiza, dende o sector de Autonómica da CIG-Administración instámolo a non empregar os servizos públicos nin ao seu persoal “para chantaxes políticas”, ao tempo que esiximos que se garanta o pago de todos ...


Mércores, 14 Agosto 2019

A CIG denuncia o empeoramento do material e vehículos do servicio de incendios e pide dimisións

A CIG vén de rexistrar escrito perante a Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural esixindo documentación da contrata con TRAGSA referente aos materiais e vehículos das novas brigadas do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF).

Logo da recente incorporación do persoal de brigadas no SPIF, de nova contratación, coñecemos algúns datos unha vez os tivemos diante dos nosos ollos, diante da total opacidade e descontrol en todos os eidos que nos brindou a Consellería do Medio Rural ...


Luns, 12 Agosto 2019

A Xunta resposta á presión é abre unha mesa de negociación para o persoal técnicos dos distritos

A Xunta resposta á presión e abre unha mesa de negociación de traballo do persoal técnico dos distritros forestais sen Función Pública. A Consellería de Medio Rural convocou cos representantes sindicais o venres 9 de agosto de 2019 á Mesa de negociación demandada dende maio de 2018 e logo de varias mobilizacións do persoal.

As organizacións sindicais levamos á mesa as demandas dos enxeñeiros técnicos forestais e enxeñeiros de montes, que traballan na coordinación e xestión forestas e das ...


Xoves, 08 Agosto 2019

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, campeona mundial da externalización

Segue e segue coas encomendas de xestión a Tragsatec do traballo técnico de arqueoloxía

Está claro que na Consellería de Cultura non queren ao persoal funcionario, non valoran o traballo dos técnicos e incluso non cumplen as leis de patrimonio nin de protección de datos. Xa é a terceira vez que asinan unha encomenda de xestión coa empresa Tragsatec, e a terceira vez que a CIG o denuncia.

O pasado luns día 15 publicaban no DOG a nova encomenda para o segundo semestre do ano, por valor de ...


Mércores, 07 Agosto 2019

A CIG denuncia a falta de medios humanos no operativo de alto risco de incendios forestais da Xunta

O plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza (PLADIGA 2019), foi aprobado polo consello da xunta do 2 de maio, e o Presidente Feijoo fixo público o documento cos datos dos medios humanos dispoñibeis para a campaña de alto risco de incendios forestais que comenzou o pasado 1 de xullo.

Nese documento detállase unha cifra que chega aos 7.000 efectivos para a loita contra o lume, homes e mulleres que pertencen a medios propios da Xunta de Galiza, concellos, ...


Martes, 06 Agosto 2019

Compensacións de domingos ou como darlle a razón á CIG

Nestes días aparece un informa de un sindicato da vergoña, de eses que asinaron un acordo de traballo coa Xunta do PP para eliminar calquera dereito do persoal laboral, eliminando o concurso de traslados, as oposicións por concurso-oposición, a promoción interna, etc... onde se fai unha proposta de compensación dos hararios para o persoal a quendas.

A proposta, en resumo é:

  • 75% compensación por traballo en domingos e festivos
  • Traballar como máximo a metade dos domingos e festivos
  • O ...

Martes, 30 Xullo 2019

Novo pau á Xunta pola concesión arbitraria das comisións de servizo

Nas comisións de servizo non abonda con que a persoa adxudicataria cumpra os requisitos de idoneidade, senón que, cando sexan varias as persoas solicitantes, é necesario que se exterioricen as razóns polas que se elixe a unha das persoas peticionarias e se lles notifique a todas elas a decisión final para darlle posibilidade de impugnación. Iso vén a decirlle á Xunta de Galiza, por segunda vez, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

A nova sentenza do TSXG 341/2019, do 3 de xullo, ...


Martes, 30 Xullo 2019

A CIG solicítalle ao director territorial da Inspección que faga cumprir á Xunta os requirimentos en materia de seguridade

Medio Rural acumula varios incumprimentos polas eivas no servizo de incendios forestais.

A CIG-Autonómica reuniuse o martes 30 de xullo na Coruña co director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social (INTSS) de Galiza para solicitarlle que a Xunta de Galiza cumpra cos requirimentos realizados pola propia Inspección en materia de seguridade laboral. 

Cómpre lembrar que a Xunta de Galiza acumula incumprimentos dos requirimentos da Inspección de Traballo en materia de ...


Martes, 30 Xullo 2019

Promoción interna ao C2: xa van 3 convocatorias deixando prazas desertas

56 aprobados para 97 prazas ofertadas. Dos dous procesos anteriores, no convocado no 2009 só se cubriron 89 das 158 prazas ofertadas e no do 2015 131 das 139.

Está claro que a Xunta non quere promoción interna: tres procesos en 10 anos e a metade das prazas sen cubrir. Unha promoción concebida como se fosen exames de acceso libre fronte á que fan outras Administracións onde se valora e forma ao seu persoal funcionario. Vergoña


Luns, 22 Xullo 2019

Carreira profesional: o 29 de xullo remata o prazo de solicitude

O vindeiro luns 29/07/2019 remata o prazo para solicitar o acceso ao réxime extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional. Nese senso, lembramos que dende o 18 de xuño a CIG ten a disposición de todo o persoal excluido do sistema de carreira profesional pactado por CCOO, UGT e Xunta un modelo de solicitude para presentar por rexistro. Unha vez presentada por rexistro, a Xunta ten tres meses para dar unha resposta. Se a resolución é desestimatoria, o paso seguinte é a ...


A CIG diante da proposta de supresión/refundición/ordenación de categorías profesionais do persoal laboral achegadas pola Dirección Xeral de Función Pública, presentou as seguintes alegacións:

  • Que na xuntanza celebrada o pasado 31/07/2014 entre a dirección xeral da Función Pública e as OOSS, o Director Xeral comprometeuse á negociación das bases e a convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral  para o mes de outubro seguinte; concurso aberto a tódalas categorías de cada grupo de acordo coas agrupacións profesionais a negociar.
  • Que o pasado decembro a dirección xeral da Función Pública achegou unha memoria proposta de refundición ou supresión  de categorías do persoal laboral naquelas nas que consideraba que non había ningún traballador/a desempeñando as mesmas. Esta organización sindical, no prazo previsto, achegou as alegacións contrarias  á supresión das categorías nas que si había traballadores/as.
  • Que a última proposta, achegada vía e-mail  o pasado 18/02/2015 altera substancialmente o itinerario acordado na xuntanza do pasado 31/07/2014 pois o seu obxectivo non é a convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral unha vez resoltas as agrupacións profesionais para a súa apertura ás distintas categorías do mesmo grupo, e unicamente propón unha serie de supresións, agrupacións e declaracións de extincións, sen a mínima explicación ou memoria que ampare esta pretensión.
  • Esta organización sindical, rexeita na súa totalidade a proposta de supresión/refundición/ordenación das categorías profesionais do persoal laboral e, diante da dirección xeral da Función Pública

Diante de todo isto, a CIG ven de solicitar a retirada desta proposta de supresión, refundición e ordenación de categorías profesionais do persoal laboral e a inmediata negociación da convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral.