Novas por contido

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar de A Coruña manifesta o seu máis profundo rexeitamento contra as medidas de recortes antisociais nas distintas administracións públicas, e máis en concreto, na Xunta de Galicia.

A maioría de recortes nas administracións non supoñen ningún aforro senón trasladar o custo dos servizos públicos á cidadanía que vai ter que pagar máis por menos. E será precisamente a cidadanía máis desfavorecida e con menos recursos a que máis se verá afectada con estes recortes. Medidas como os copagos ou as subas do IRPF, que en termos absolutos recaerá maioritariamente sobre os traballadores e pensionistas que gañan menos de 30.000€/ano, son boa proba disto.

Desde este Comité de Empresa defendemos os servizos públicos como eixo vertebrador do dereito ao benestar e defendemos tamén a figura do empregado público como garante fundamental deste dereito. Todo ataque contra un debe considerarse un ataque contra o outro.

Xa que logo, cualificamos de demagoxía o tratamento que está a sufrir neste tempo a figura do empregado público polos medios de comunicación para distraer a atención sobre o que realmente preocupa a poboación: atopar un traballo digno. Unha demagoxia na que nin sequera nos dan a oportunidade de defendernos. Cantos son os estudos, informes e opinións verquidas sobre nós sen nin sequera dispoñer dunha quenda de réplica neses mesmos medios?

Criticamos, igualmente, que os diferentes cargos políticos utilicen estes medios para denigrar a nosa figura e culpabilizarnos ante a opinión pública da crise económica. Unha actitude hipócrita e irresponsable; hipócrita porque mentres que se recortan e conxelan os salarios dos seus empregados de maioría mileurista, os altos cargos na administración seguen a gozar de pluses e prebendas. Pero aínda máis, trátase dunha actitude insólita e irresponsable; a que empresa seria se lle ocorrería estar humillando, ridiculizando e apertando ao seu persoal que é co que conta para saír adiante?

Somos conscientes da coiuntura económica actual porque vimos sufrindo como ningún outro sector unha perda continuada dun 12% de poder adquisitivo nestes 2 últimos anos entre recortes e conxelacións. Cremos que a administración debe ser austera pero sen que esta austeridade afecte á calidade dos servizos públicos que recibe a cidadanía que xa paga cos seus impostos.

Estamos en contra dunha austeridade única e exclusivamente a base de empobrecer e humillar aos empregados públicos, etiquetándonos de privilexiados simplemente por ter a estabilidade laboral desexable para calquera traballador, e mesmo non en todos os casos xa que moito persoal laboral e interino ou substituto. Porén, non por ter unha estabilidade laboral ou traballar como persoal laboral temporal podemos aceptar, nin aceptamos, unha conxelación salarial perpetua, sen límite nin condicións. Do mesmo xeito que non aceptamos unha conxelación ou retroceso do resto dos nosos dereitos como pode ser a mobilidade ou a promoción profesional, entre outros.

Queremos expresar a nosa solidariedade e apoio aos diferentes movementos de empregados públicos que están a levantar a voz, defendendo os servizos públicos e a nosa dignidade así como a necesidade da nosa figura para superar esta crise entre todos, sen deixar a ninguén atrás.

Desde o Comité de Empresa de Traballo e Benestar imos a convocar mobilizacións para denunciar esta situación e protestar contra o recorte dos dereitos e a perdida de salario. Non podemos calar ante o ataque aos empregados públicos. Non podemos aceptar que por culpa dunha crisis xenerada polos ricos e poderosos teñamos que pagar os traballadores e traballadoras. Facemos un chamamento a todo o persoal laboral da Consellería de Traballo e Benestar e participar nas aasembleas e mobilizacións convocadas para defender os nosos dereitos, os nosos postos de traballo e os nosos salarios e defender asi mesmo o mantemento das prestacións públicas a todos os cidadans, sen recortes nen minoración da calidade dos servizos.


Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 26 Abril 2024

Inadmisión de diversas solicitudes dos graos I e II da carreira profesional

No DOG do 26/04/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral. - RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e...